Red de Centros de Información e Documentación Ambiental (RECIDA)

A Rede de Centros de Información e Documentación Ambiental do Estado español (RECIDA), formada por máis de 170 centros de documentación e bibliotecas de medio ambiente e espazos naturais protexidos de diferentes Comunidades Autónomas, xurdiu no ano 2004 a partir dos Seminarios Permanentes que o CENEAM organiza desde 2002.  A rede está coordinada polo CENEAM, coa axuda dunha Comisión Executiva, a colaboración dos organizadores dos seminarios anuais e o respaldo e axuda da súa Comisión Asesora. Durante anos, Montse Grabolosa, bibliotecaria do Parc Natural de la Zona Volcánica de la Garrotxa, colaborou estreitamente no desenvolvemento da rede.

Asume nas súas accións e eventos os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030, as directrices da Sección de Medio Ambiente Sostenibilidad y Bibliotecas de IFLA (ENSULIB), así como as 10 razones para la sostenibilidad ambiental en las bibliotecas (públicas) de la IFLA.

A comisión asesora está formada por: Isidro Aguillo (IPP-CSIC), Elena Primo (Instituto de Salud Carlos III), Jesús Tramullas (Universidad de Zaragoza), José Pino (Parque  Nacional de  Sierra Nevada), Mario Pérez-Montoro (Universidad de  Barcelona) e Yolanda de la Iglesia Sánchez (Instituto Cervantes). Membro honorario: Carmen Pérez (INIA).

A comisión executiva está formada por: Ana Pardo (Centro de Documentación Domingo Quiroga, CEIDA-Galicia), Marga Muñoz (Centro de Documentación del Agua y el Medio Ambiente de Zaragoza (CDAMAZ)), Alfonso Peña (Centro de Documentación y Recursos para la Educación Ambiental de Cantabria (CEDREAC)) e Miguel Navas (Centre de Documentació Museu de Ciències Naturals de Barcelona).

Anualmente o CENEAM e, en ocasións, xunto a outros centros de distintas comunidades autónomas organiza un seminario anual no que os representantes de diferentes institucións se reúnen para intercambiar experiencias e recibir formación especializada. Ademáis permite coñecer a situación dos centros a nivel nacional.

En 2019 púxose en marcha a Asociación RECIDA de Profesionais de Información e Documentación Ambiental coa finalidade de dar entidade xurídica á rede. Contacto: asociacionrecida@gmail.com

Obxectivos:

  • Dar acceso a información ambiental de calidade para difundir e dinamizar, provir coñecemento e sensibilizar á cidadanía sobre a conservación do noso medio ambiente.
  • Ser un entorno aberto, inclusivo e colaborativo.
  • Enfocar servizos, produtos e actividades cara á sustentabilidade ambiental.
  • Fomentar a cooperación en proxectos e promover o intercambio de información e experiencias en materia de desenvolvemento sostible e sensibilización ambiental.
  • Compartir recursos que optimicen as inversións. Economía circular.
  • Minimizar o impacto negativo sobre o medio natural.
  • Maximizar a calidade do ambiente interior, a conservación dos recursos e a eliminación responsable dos residuos.
  • Apoiar o movemeento mundial de bibliotecas verdes
  • Formar expertos en xestión de información e documentación ambiental, seguindo as directrices da UICN.
  • Dotar de ferramentas para mellorar a xestión dos centros que integran a rede e difundir actividades e proxectos.
  • Facilitar a colaboración, formación e coordinación entre bibliotecas ambientais e outras redes similares.
Categorías: